Corrector ortográfico Hunspell para o galego
============================================

Mantido por Proxecto Trasno (http://trasno.net) baixo a coordinación de Antón Méixome (desde marzo de 2011).

Sobre a normativa lingüística
-----------------------------
Este corrector asume como modelo oficial para as regras gramaticais: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2003. http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf

 Sobre a normativa:
  http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego
  http://gl.wikipedia.org/wiki/Normas_Ortogr%C3%A1ficas_e_Morfol%C3%B3xicas_do_Idioma_Galego

Colaboradores
--------------
Desde que existe este recurso, e o seu predecesor, ispell, moita xente e varias organizacións teñen participado no seu desenvolvemento e mantemento. De entre eles, debemos salientar as achegas de:

- André Ventas e Ramón Flores (para ispell). Ata 2003
- Imaxin Software, para Mancomún (primeira versión version hunspell, dicionario e regras básicas). 2006
- Mancomún, Iniciativa Galega para Software Libre, para Xunta de Galicia (Mar Castro, regras formais e dicionario; Francisco Rial, extensión oxt). 2006-2008
- Proxecto Trasno (Miguel Solla, regras avanzadas e dicionario). 2009-2010
- Proxecto Trasno (Adrián Chaves, regras novas e refabricación do código para a compilación, dicionario). 2010-2013

Desde o comezo e hoxe en día as fontes principais para o dicionario son os públicos 
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa) e o Dicionario da Real Academia Galega en liña e as súas evolucións no tempos. 
  -VOLG(a) Santamarina Fernández, Antón e González González, Manuel (coord.).Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004. http://www.realacademiagalega.org/volga/. 

O dicionario tamén se alimenta tanto das suxestións dos usuarios como de recursos libres descontinuados coma motor de suxestións de erros frecuentes Benposto ou suxestións de corrección da Wikipedia en galego.

Unha descrición técnica sobre o comportamento morfolóxico e sintáctico escrita por Miguel Solla pódese ver en:
  - Núm. 1 da revista Linguamática (ISSN: 1647-0818) http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13

Licenza
-------
O corrector está publicado nos termos da licenca GPLv3 (desde 2010, antes GPLv2 e GPLv1). Achégase o ficheiro «license-gl.txt», ou «license.txt» para consultar o texto completo da versión orixinal da licenza.
